Competencias xerais

Competencias xerais segundo a Orde CIN/355/2009, publicada no Boletín Oficial do Estado o 9 de Febreiro de 2009.

  • Competencia Xeral 1 (CG1): Capacidade para proxectar, calcular e deseñar produtos, procesos e instalacións en todos os ámbitos da enxeñaría de telecomunicación.
  • Competencia Xeral 2 (CG2): Capacidade para a dirección de obras e instalacións de sistemas de telecomunicación, cumprindo a normativa vixente, asegurando a calidade do servizo.
  • Competencia Xeral 3 (CG3): Capacidade para dirixir, planificar e supervisar equipos multidisciplinais.
  • Competencia Xeral 4 (CG4): Capacidade para o modelado matemático, cálculo e simulación en centros tecnolóxicos e de enxeñaría de empresa, particularmente en tarefas de investigación, desenvolvemento e innovación en todos os ámbitos relacionados coa Enxeñaría de Telecomunicación e campos multidisciplinais afíns.
  • Competencia Xeral 5 (CG5): Capacidade para a elaboración, planificación estratéxica, dirección, coordinación e xestión técnica e económica de proxectos en todos os ámbitos da Enxeñaría de Telecomunicación seguindo criterios de calidade e ambientais.
  • Competencia Xeral 6 (CG6): Capacidade para a dirección xeral, dirección técnica e dirección de proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación, en empresas e centros tecnolóxicos.
  • Competencia Xeral 7 (CG7): Capacidade para a posta en marcha, dirección e xestión de procesos de fabricación de equipos electrónicos e de telecomunicacións, con garantía da seguridade para as persoas e bens, a calidade final dos produtos e a súa homologación.
  • Competencia Xeral 8 (CG8): Capacidade para a aplicación dos coñecementos adquiridos e resolver problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos e mulitidisciplinais, sendo capaces de integrar coñecementos.
  • Competencia Xeral 9 (CG9): Capacidade para comprender a responsabilidade ética e a deontoloxía profesional da actividade da profesión de Enxeñeiro de Telecomunicación.
  • Competencia Xeral 10 (CG10): Capacidade para aplicar os principios da economía e da xestión de recursos humanos e proxectos, así como a lexislación, regulación e normalización das telecomunicacións.
  • Competencia Xeral 11 (CG11): Capacidade para saber comunicar (de forma oral e escrita) as conclusións- e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
  • Competencia Xeral 12 (CG12): Posuír habilidades para a aprendizaxe continuada, autodirixida e autónoma.
  • Competencia Xeral 13 (CG13): Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro de Telecomunicación.