Competencias específicas

Competencias específicas do título segundo a Orde CIN/355/2009, publicada no Boletín Oficial do Estado o 9 de Febreiro de 2009.

  • Competencia Específica 1 (CE1/TT1): Capacidade para aplicar métodos da teoría da información, a modulación adaptativa e codificación de canle, así como técnicas avanzadas de procesado dixital de sinal aos sistemas de comunicacións e audiovisuais.
  • Competencia Específica 2 (CE2/TT2): Capacidade para desenvolver sistemas de radiocomunicacións: deseño de antenas, equipos e subsistemas, modelado de canles, cálculo de enlaces e planificación.
  • Competencia Específica 3 (CE3/TT3): Capacidade para implantar sistemas por cable, liña, satélite en ámbitos de comunicacións fixas e móbiles.
  • Competencia Específica 4 (CE4/TT4): Capacidade para deseñar e dimensionar redes de transporte, difusión e distribución de sinais multimedia.
  • Competencia Específica 5 (CE5/TT5): Capacidade para deseñar sistemas de radionavegación e de posicionamento, así como os sistemas radar.
  • Competencia Específica 6 (CE6/TT6): Capacidade para modelar, deseñar, implantar, xestionar, operar, administrar e manter redes, servizos e contidos.
  • Competencia Específica 7 (CE7/TT7): Capacidade para realizar a planificación, toma de decisións e empaquetamento de redes, servizos e aplicacións considerando a calidade de servizo, os custos directos e de operación, o plan de implantación, supervisión, os procedementos de seguridade, o escalado e o mantemento, así como xestionar e asegurar a calidade no proceso de desenvolvemento.
  • Competencia Específica 8 (CE8/TT8): Capacidade de comprender e saber aplicar o funcionamento e organización de Internet, as tecnoloxías e protocolos de Internet de nova xeración, os modelos de compoñentes, software intermediario e servizos.
  • Competencia Específica 9 (CE9/TT9): Capacidade para resolver a converxencia, interoperabilidade e deseño de redes heteroxéneas con redes locais, de acceso e troncais, así como a integración de servizos de telefonía, datos, televisión e interactivos. .
  • Competencia Específica 10 (CE10/TT10): Capacidade para deseñar e fabricar circuítos integrados.
  • Competencia Específica 11 (CE11/TT11):Coñecemento das linguaxes de descrición hardware para circuítos de alta complexidade.
  • Competencia Específica 12 (CE12/TT12): Capacidade para utilizar dispositivos lóxicos programables, así como para deseñar sistemas electrónicos avanzados, tanto analóxicos coma dixitais. Capacidade para deseñar compoñentes de comunicacións como por exemplo encamiñadores, conmutadores, concentradores, emisores e receptores en diferentes bandas.
  • Competencia Específica 13 (CE13/TT13): Capacidade para aplicar coñecementos avanzados de fotónica e optoelectrónica, así como electrónica de alta frecuencia.
  • Competencia Específica 14 (CE14/TT14): Capacidade para desenvolver instrumentación electrónica, así como transdutores, actuadores e sensores.
  • Competencia Específica 15 (CE15/GT1): Capacidade para a integración de tecnoloxías e sistemas propios da Enxeñaría de Telecomunicación, con carácter xeralista, e en contextos máis amplos e multidisciplinais como por exemplo en bioenxeñaría, conversión fotovoltaica, nanotecnoloxía, telemedicina.
  • Competencia Específica 16 (CE16/GT2): Capacidade para a elaboración, dirección, coordinación, e xestión técnica e económica de proxectos sobre: sistemas, redes, infraestruturas e servizos de telecomunicación, incluíndo a supervisión e coordinación dos proxectos parciais da súa obra anexa; infraestruturas comúns de telecomunicación en edificios ou núcleos residenciais, incluíndo os proxectos sobre fogar dixital; infraestruturas de telecomunicación en transporte e medio; coas súas correspondentes instalacións de subministración de enerxía e avaliación das emisións electromagnéticas e compatibilidade electromagnética.
  • Competencia Específica 17 (CE17/TFM): Realización, presentación e defensa, unha vez obtidos todos os créditos do plan de estudos, dun exercicio orixinal realizado individualmente ante un tribunal universitario, consistente nun proxecto integral de Enxeñaría de Telecomunicación de natureza profesional no que se sinteticen as competencias adquiridas nas ensinanzas.

Competencias específicas propias do título, alleas ás directrices da Orde CIN/355/2009 publicada no Boletín Oficial do Estado o 9 de Febreiro de 2009

Un alumno só cursará unha das catro materias do módulo de Formación Avanzada, e tres asignaturas das 21 incluidas na materia Optativas, o que reduce de forma considerable o número de competencias que efectivamente adquire cada alumno.

  • Competencia Específica 18 (CE18/RAD1): Capacidade para a elaboración, planificación estratéxica, dirección, coordinación e xestión técnica e económica de proxectos espaciais aplicando estándares de Enxeñaría de Sistemas Espaciais, con coñecemento dos procesos de operación dun satélite.
  • Competencia Específica 19 (CE19/RAD2): Capacidade para realizar o deseño teórico, implantación práctica e medida experimental dos sistemas de banda ancha para aplicacións actuais.
  • Competencia Específica 20 (CE20/RAD3): Capacidade de analizar e especificar os parámetros fundamentais dunha rede de radio móbil ou sen fíos, así como de verificar a súa calidade de servizo.
  • Competencia Específica 21 (CE21/PS1): Manexar as opcións de implantación de sistemas de procesado de sinal para acelerar algoritmos computacionalmente complexos.
  • Competencia Específica 22 (CE22/PS2): Capacidade para comprender o impacto dos requisitos dos servizos de telecomunicación sobre o deseño dos sistemas, con especial énfase nas capas inferiores, mantendo unha visión global das solucións empregadas en modernos sistemas comerciais de comunicacións.
  • Competencia Específica 23 (CE23/PS3): Capacidade para aplicar métodos estatísticos de procesado de sinal aos sistemas de comunicacións e audiovisuais.
  • Competencia Específica 24 (CE24/TE1): Capacidade para comprender os fundamentos dos sistemas distribuídos e os paradigmas da computación distribuída, e a súa aplicación no deseño, desenvolvemento e xestión de sistemas en escenarios de computación grid, computación ubicua e computación na nube.
  • Competencia Específica 25 (CE25/TE2): Capacidade para xestionar a adquisición, estruturación, análise e visualización de datos e información, co obxectivo de extraer a información e coñecemento subxacente, e valorar de forma crítica os resultados obtidos, aplicándoo á innovación e toma de decisións estratéxicas en distintos ámbitos.
  • Competencia Específica 26 (CE26/TE3): Capacidade para comprender e saber explotar os procesos de formación e difusión de información nas redes sociais, aplicándoos á mellora de Internet.
  • Competencia Específica 27 (CE27/TE4): Capacidade para deseñar e xestionar sistemas distribuídos baseados na aprendizaxe e en incentivos.
  • Competencia Específica 28 (CE28/SE1): Capacidade de integración de tecnoloxías de conversión fotovoltaica para alimentación de sistemas propios da Enxeñaría de Telecomunicación.
  • Competencia Específica 29 (CE29/SE2): Capacidade para construír un sistema de medida dunha variable física dende o transdutor ata a interface de usuario, incluíndo coñecementos de metodoloxía, de topoloxías básicas de acondicionamento de sinal e de software de instrumentación.
  • Competencia Específica 30 (CE30/SE3): Capacidade de planificación, avaliación e toma de decisións en ámbitos novos relativos ao empaquetado de redes, servizos e aplicacións no ámbito electromagnético, con coñecementos sobre fiabilidade e cálculo do ciclo de vida.
  • Competencia Específica 31 (CE31/OP1): Capacidade para aplicar e deseñar algoritmos de resolución numérica de problemas relacionados coa álxebra lineal.
  • Competencia Específica 32 (CE32/OP2): Capacidade para aplicar distintos métodos numéricos, a súa programación e/ou utilización para obter solucións aproximadas dos modelos matemáticos de problemas reais.
  • Competencia Específica 33 (CE33/OP3): Capacidade para aplicar algoritmos de optimización numérica en problemas relacionados coa industria das telecomunicacións.
  • Competencia Específica 34 (CE34/OP4): Capacidade para usar as ferramentas matemáticas utilizadas en criptografía de clave pública e o formalismo matemático do procesado cuántico da información, con capacidade para aplicar, deseñar e avaliar protocolos criptográficos.
  • Competencia Específica 35 (CE35/OP5): Manexar diversos métodos de creación de modelos numéricos a partir de exemplos e saber aplicar estes conceptos para a solución de problemas de aprendizaxe reais.
  • Competencia Específica 36 (CE36/OP6): Manexar as distintas tecnoloxías nos sistemas de interacción home-máquina e saber analizar o mercado para a busca de solucións de aplicacións concretas.
  • Competencia Específica 37 (CE37/OP7): Capacidade para modelar, operar, administrar e afrontar o ciclo completo e empaquetamento de redes, servizos e aplicacións considerando a calidade de servizo, os custos directos e de operación, o plan de implantación, supervisión, seguridade, escalado e o mantemento, xestionando e asegurando a calidade no proceso de desenvolvemento.
  • Competencia Específica 38 (CE38/OP8): Capacidade para deseñar, fabricar (en tecnoloxía híbrida) e caracterizar os compoñentes analóxicos de transceptores de comunicacións nas bandas de microondas e ondas milimétricas.
  • Competencia Específica 39 (CE39/OP9): Capacidade de entender os principios de funcionamento dos sistemas de radar, as súas prestacións e limitacións.
  • Competencia Específica 40 (CE40/OP10): Capacidade para entender os principios de funcionamento dos sistemas de radionavegación e avaliar as súas prestacións e as súas limitacións.
  • Competencia Específica 41 (CE41/OP11): Capacidade para deseñar redes de comunicacións ópticas de acceso e de transporte dado un obxectivo de deseño e un conxunto de restricións.
  • Competencia Específica 42 (CE42/OP12): Capacidade para desenvolver sistemas hardware orientados á adquisición, almacenamento e procesado de sinais de información, con compoñentes baseados en dispositivos lóxicos programables.
  • Competencia Específica 43 (CE43/OP13): Capacidade para caracterizar sensores intelixentes e as súas arquitecturas específicas de rede.
  • Competencia Específica 44 (CE44/OP14): Capacidade para proxectar, desenvolver e construír o prototipo dun equipo electrónico.
  • Competencia Específica 45 (CE45/OP15): Capacidade para comprender, deseñar, configurar, xestionar, manter, diagnosticar, solucionar problemas e implantar políticas de seguridade nunha rede corporativa (equipos, protocolos e servizos).
  • Competencia Específica 46 (CE46/OP16): Capacidade para comprender o desenvolvemento actual dos servizos móbiles e ubicuos, así como a evolución do mercado.
  • Competencia Específica 47 (CE47/OP17): Capacidade para deseñar, crear, integrar fontes de contexto, e traballar en grupo no desenvolvemento dunha aplicación móbil.
  • Competencia Específica 48 (CE48/OP18): Capacidade para aprender a buscar e filtrar recursos na Web de forma eficiente, a usar distintas ferramentas de traballo colaborador e para producir contidos na Web Social, para comunicarse con outras persoas co obxectivo de crear coñecemento conxunto, e poder crear unha rede persoal de aprendizaxe axeitada ao perfil.
  • Competencia Específica 49 (CE49/OP19): Capacidade para saber aplicar os fundamentos teóricos da teoría da información ao deseño de técnicas, procedementos e sistemas de comunicacións avanzados, en particular na decodificación; e para saber calcular os límites fundamentais de transmisión en calquera sistema de comunicacións.
  • Competencia Específica 50 (CE50/OP20): Capacidade para despregar e administrar servidores software encargados da lóxica de aplicación dun servizo web, para deseñar e xestionar bases de datos non relacionais, e comprender a división funcional dunha aplicación web actual entre a parte do cliente e a parte propia do servidor.
  • Competencia Específica 51 (CE51/OP21): Capacidade de modelar e simular escenarios complexos de comunicacións, e para a planificación estratéxica de redes e servizos de telecomunicacións futuros.
  • Competencia Específica 52 (CE52/OP22): Posuír e comprender coñecementos básicos para o desenvolvemento e/ou aplicación de sensores baseados en transdutores piezoeléctricos en ámbitos multidisciplinais.

Competencias transversais que os estudantes deben adquirir durante os seus estudos (tomando como referencia as competencias recollidas para estudos de Mestrado Universitario no Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior)

  • Competencia Transversal 1 (CT1): Ser capaces de predicir e controlar a evolución de situacións complexas a través do desenvolvemento de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao ámbito científico/investigador, tecnolóxico ou profesional concreto, en xeral multidisiplinar, no que desenvolva a súa actividade
  • Competencia Transversal 2 (CT2): Desenvolver a autonomía suficiente para participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas dentro do ámbito temático, en contextos interdisciplinais e, no seu caso, con unha alta compoñente de transferencia de coñecemento.
  • Competencia Transversal 3 (CT3): Concibir a Enxeñaría no marco do desenvolvemento sostible.
  • Competencia Transversal 4 (CT4): Tomar conciencia da necesidade dunha formación e mellora continua da calidade, desenvolvendo valores propios da dinámica de pensamento científico, amosando unha actitude flexible, aberta e ética ante opinións e situacións distintas, en particular na materia de non discriminación por sexo, raza ou relixión, respecto aos dereitos fundamentais, accesibilidade, etc.
  • Competencia Transversal 5 (CT5): Favorecer o traballo cooperativo, as capacidades de comunicación, organización, planificación e aceptación de responsabilidades nun ambiente de traballo multilingüe e multidisciplinar, que favoreza a educación para a igualdade, para a paz e para o respecto dos dereitos fundamentais.
  • Competencia Transversal 6 (CT6): Adquirir coñecementos avanzados e demostrar, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica altamente especializado, unha compresión detallada e fundamental dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo nun ou mais campos de estudio.

Ser capaces de predecir y controlar la evolución de situaciones complejas mediante el desarrollo de nuevas e innovadoras metodologías de trabajo adaptadas al ámbito científico/investigador, tecnológico o profesional concreto, en general multidisciplinar, en el que se desarrolle su actividad.