Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación

O Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías de Telecomunicación ten como obxectivo formar profesionais á vangarda dos coñecementos tecnolóxicos e competencias profesionais da enxeñaría de telecomunicación, permitindo ao alumnado especializarse nunha das catro tecnoloxías básicas que substentan á Sociedade da Información: sistemas de telecomunicación, sistemas electrónicos, telemática e son e imaxe. A sólida formación que adquire o alumnado lle proporciona a capacidade de adaptarse a un sector en continua evolución.


A titulación conta coa acreditación EUR-ACE®, considerada como a máis prestixiosa que pode obter un título de enxeñaría concedido en Europa. Auspiciada pola Rede Europea de Acreditación de Educación en Enxeñaría (ENAEE, European Network for Accreditation of Engineering Education), garante a calidade dos programas de estudos de enxeñaría en Europa.


O Plan de Internacionalización permítelle ao estudantado cursar cuarto curso íntegramente en inglés. Aa titulación inclúe máis dun 50% de formación práctica, entre laboratorio e traballos en equipo. Destaca a configuración
temporal do plan de estudos, que facilita a mobilidade nacional e internacional dos estudantes no último curso ou a realización de prácticas en empresas.


Entre as características propias, contamos con: (1) un programa de mentorización (MEET-Teleco) que proporciona competencias transversais (xestión de grupos, planificación de tempo, empatía, intelixencia emocional e social, liderazgo, etc.) ademáis de axudar ao novo alumnado na súa incorporación á Universidade; (2) un programa de orientación ao emprego (OrientaTE) que facilita o acceso ao mercado laboral nuna titulación na que o paro é testemuñal; (3) múltiples actividades que permiten ao noso alumnado desenvolver as súas habilidades sociais á par que asentan os seus coñecementos técnicos.


Perfil de ingreso


Para afrontar con garantías de éxito os estudos que conducen á obtención do grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación, o estudantado deberá ter unha boa formación previa que lle permita acceder a coñecementos avanzados en matemáticas e física que require a titulación. Respecto das capacidades e aptitudes personais, resultan desexables as seguintes: capacidade de estudo e vontade de traballo, facilidade para o pensamento lóxico e abstracto, capacidade de observación e de análise, habilidade para a resolución de problemas, interese pola aplicación práctica dos coñecementos, responsabilidade no traballo en equipo, facilidade para adaptarse aos cambios tecnolóxicos, interese pola ciencia e a tecnoloxía.


Saídas profesionais


Áreas de actividade: Operadoras de telecomunicacións, Banca, Seguridade, Transporte, Infraestructuras, Telefonía, Electrónica, TV, Transmisión de datos e internet, Transformación Dixital.
Sistemas e redes: Enxeñeiro/a Tecnolóxico, Deseño de redes e sistemas de telecomunicación, Mantemento de infraestructuras de telecomunicacións, Procesado de sinais e imaxe, Sistemas electrónicos e intelixentes, Seguridade informática, Enxeñaría audiovisual, Desenvolvemento e xestión de aplicacións e equipos.
Novas tecnoloxías: aplicación de novas tecnoloxías na medicina (deseño e mantemento de equipos médicos, «saúde móbil», tele-asistencia), bioenxeñaría, tele-ensino, administración dixital, fogar dixital, deseño e control de innovacións do sector das telecomunicacións.
Xestión e consultoría: Consultoría tecnolóxica, Líder de Innovación, Xestor(a) de Tecnoloxía, Carrera Directiva.
Docencia: Os/As graduados/as poden optar a postos docentes en diferentes sectores educativos (como a secundaria e a formación profesional) tanto no sector público coma no privado.
I+D+i: Os/As egresados/as podrán optar a postos relevantes na innovación aplicada das tecnoloxías en infinidade de sectores, exercendo esta labor en centros de investigación e tamén nas divisións de innovación das grandes industrias.


Ás tituladas e titulados gozan de alta inserción laboral, con alta adicación a labores técnicas axustadas á súa formación.


Mencións


Impártense as catro especialidades profesionais que conducen ás atribucións profesionais de Enxeñaría Técnica de Telecomunicación: Sistemas de telecomunicación, Sistemas electrónicos, Son e imaxe, e Telemática.

 

Díptico - Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación

Graduate in Telecommunication Engineering - Summary (English version)

TPL_BEEZ5_ADDITIONAL_INFORMATION