Criterios de suspensión dun título na EET

A suspensión dun título oficial impartido pola Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, poderá producirse a petición da Escola, por Consello de Goberno da Universidade de Vigo ou ben por non obter un informe de acreditación positivo.

Criterios para a suspensión dun título:

  • Non superar o proceso de acreditación previsto no artigo 27 do RD 1393/2007.
  • Non existe demanda de matrícula suficiente, en función do número mínimo necesario establecido pola normativa vixente, nacional, autonómica ou da propia Universidade.
  • O centro non conta con departamentos ou estruturas docentes e investigadoras adecuadas aos fins da formación.
  • O centro non conta cos necesarios medios materiais (espazos, instalacións, laboratorios, equipamento científico, técnico ou artístico, recursos bibliográficos etc.) que aseguren o adecuado funcionamento dos servizos correspondentes aos ensinos impartidos.
  • Cando concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do plan de estudos.

A suspensión dun título implica garantir o adecuado desenvolvemento efectivo dos ensinos que iniciasen os seus estudantes ata o súa finalización, debendo propoñer a Xunta de Escola, para a súa aprobación, os criterios que o garantan, e que contemplarán, entre outros, os seguintes puntos:

  • Non admitir matrículas de novo ingreso na titulación.
  • A supresión gradual da impartición da docencia.
  • A impartición de accións tutoriales e de orientación específicas aos estudantes repetidores.
  • O dereito a avaliación ata consumir as convocatorias reguladas polos Estatutos da Universidade de Vigo.
  • Estudar a posibilidade da conversión do título oficial a título propio.