Seguimento de títulos oficiais

Segundo o Real Decreto 1393/2007 de 29 de outrobro de 2007, que aproba a nova Ordenación das Ensinanzas Universitarias Oficiais, unha vez verificados, os Títulos serán sometidos a un proceso de seguimento ata o momento da súa acreditación (ou da súa suspensión).

A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia será a encargada de sistematizar o protocolo para o Seguimento, atendendo ao disposto no artigo 27 do R.D. 861/2010, do 2 de xullo de 2010.

A continuación recóllese a información máis relevante sobre o seguimento das titulacións que se imparten no Centro.